O WINMERGE O WinMerge é unha ferramenta Open Source de comparación e mestura para Windows. O WinMerge pode comparar tanto arquivos como cartafoles, presentando as diferenzas nun formato de texto visual que é moi sinxelo de entender e manexar. O WinMerge pode empregarse como unha ferramenta externa de diferenciación/mestura ou como unha aplicación independente. O WinMerge ten varias funcionalidades de grande utilidade para facer comparacións, , sincronizar e mesturar do xeito máis doado e pragmático posible. Mesmo resalta o texto segundo a sintaxe para diversos linguaxes de programación e outros formatos de arquivo. A información e a última versión do WinMerge está dispoñible en https://winmerge.org/. Comezo rápido =========== Para aprender como levar a cabo as operacións básicas logo de instalar o WinMerge, preme en Axuda>Axuda do WinMerge e vai ao tema Quick start. Ou, podes visitar a versión Web en https://manual.winmerge.org/QuickStart.html. Axuda do WinMerge =============== A axuda do WinMerge instalase localmente como un arquivo de axuda Microsoft HTML, WinMerge.chm, cando instalas o WinMerge. Para abrila, preme en Axuda>Axuda do WinMerge ou preme F1 na fiestra do WinMerge. Se empregas a liña de comandos, executa o WinMerge coa opción de axuda /?. Tamén podes explorar a versión HTML da axuda do WinMerge en https://manual.winmerge.org/. Soporte WinMerge ============== Preguntas ou suxestións verbo do WinMerge? Un bo lugar para comezar é o taboleiro de mensaxes da comunidade do WinMerge en https://forums.winmerge.org/. Os desenvolvedores len e responden de xeito frecuente ás cuestións presentadas en ámbolos dous foros. Emprega o foro de Discusión Aberta para cuestións xerais do WinMerge, como os temas relacionados co seu uso. Emprega o foro de Desenvolvedores para as cuestións relativas ao desenrolo do WinMerge. Erros e peticións de funcionalidades ========================== Se unha cuestión non se resolve nos foros do WinMerge, comproba os rastrexadores do proxecto: vai a https://project.winmerge.org/, e preme no menú dos Rastrexadores, como Erros e Peticións de Funcionalidades, onde poderás explorar ou enviar os elementos que che interesen. Se envía unha notificación de erro, por favor, inclúe a versión do WinMerge na mesma. Podes xerar un rexistro da configuración premendo en Axuda>Configuración. Por favor, adxunta o rexistro da configuración xerado á notificación de erro, pois ten unha morea de información moi útil para os desenvolvedores. - The WinMerge Developers